Echegoyen e Betanzos, campioas do mundo

SALNÉS> A regatista do Náutico de Sanxenxo Támara Echegoyen acaba de proclamarse campioa do mundo de 49er FX xunto á súa compañeira, a cántabra Berta Betanzos. Foi en Clearwater, en Estados Unidos. Ámbalas dúas veñen de facer historia na vela nacional ó lograr por primeira vez este título para España e enfían a súa carreira cara os Xogos Olímpicos de Río 2016. Echegoyen e Betanzos chegaron como líderes á xornada final do campionato e mantiveron posición na Medal Race, perfilándose como favoritas para facerse cunha nova medalla olímpica. A súa próxima proba será en Palma de Mallorca, onde entre o 25 de marzo e o 2 de abril disputarán o Trofeo Princesa Sofía Iberostar.