Máis de 400.000€ para pagar á alcaldesa e a 8 edís do goberno local

    catalinaenpleno_060707.jpgSANXENXO > As arcas municipais de Sanxenxo reservarán 413.600 euros ó ano para as retribucións da alcaldesa e dos 8 edís …

    … do equipo de goberno. A proposta da Alcaldía debaterase no pleno de organización que se celebrará o luns pola tarde.

    O salario da alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González, ascende a 5.600 euros brutos ó mes, en réxime de dedicación exclusiva. A proposta da alcaldesa fixa outras catro dedicacións exclusivas. Ángel Casal, edil de Urbanismo, e Paz Lago, de Cultura cobrarán cada un 3.900 euros brutos ó mes; mentres que Almudena Aguín de Turismo terá un salario de 3.075 euros e Martín Otero de Xuventude e Deportes de 3.125. Nestes cinco casos, percibirán 14 pagas ó ano.

    A Alcaldía proporá ó pleno outras catro concellerías liberadas pero en réxime parcial. O salario para cada un dos edís será de 2.900 euros brutos ó mes, a percibir en 12 pagas. A dedicación mínima necesaria que han de prestar ó Concello será de 20 horas semanais. Trátase de Salvador Durán, de Persoal e Seguridade Cidadá, Tino Sanmartín, edil de Infraestructuras e Obras, Manuel López de Servizos Xerais e Medio Ambiente, e Susana Fernández de Facenda, Economía e Emprego.

    Por outro lado, a retribución por asistencia a comisións informativas será de 90,15 euros por reunión. A pesar de que cada una delas estará formada por catro membros será un sistema de voto ponderado, polo que a decisión do edil dos populares terá un valor de sete puntos, o do BNG tres, o socialista dous e o de VIPS un. Á hora de percibir o diñeiro por asistencia, os 90,15 euros multiplicaranse tamén de forma proporcional.

    Redacción Salnés