Vilanova acollerá o arranque da Volta a España 2013

VILANOVA> A Volta Ciclista a España de 2013 sairá dende Vilanova de Arousa. É a nova da xornada no deporte. Tralo exitoso paso da rolda o ano pasado por Pontevedra, Unipublic e Deputación xa anunciaran que a saída da edición número 68 sería dende as Rías Baixas. Finalmente foi Vilanova a localidade escollida. A intención é que os ciclistas partan dende unha batea.

{flowplayer}images/salnes/VoltaCiclista_181012.flv{/flowplayer}

Espectacular, única e moi galega. Así sera a saída da Volta Ciclista a España de 2013. Unipublic premia o traballo da Deputación outorgándolle o arranque da vindeira edición co impacto publicitario que iso supón. A intención é que a saída dos corredores na primeira etapa, unha prólogo por equipos, sexa dende unha batea e que unha pasarela os leve a terra firme. O lugar de chegada aínda está por determinar pero o que é seguro é que será noutro concello do Salnés.

Será a primeira das tres ou catro etapas que se prevén na pronvicia e das cales non se coñecerá nada ata a presentación oficial do evento a principios de 2013. O que si é seguro é que a caravana ciclista pasará seis días en Pontevedra e que a intención da Deputación é que máis de 40 concellos vivan o paso da Volta.

A elección de Vilanova veu dada por ser o centro da ría máis grande e polas súas instalacións portuarias. O alcalde, amosábase así de agradecido. 

A saída darase o día 24 de agosto ás sete da tarde. Antes, o venres, levarase a cabo a presentación dos equipos. Vilanova e Rías Baixas serán protagonistas dunha importante campaña publicitaria acorde ó evernto, protagonizando spots e sendo sé dos principais actos e presentacións previas ó arranque da Volta.

Redacción Salnés