Cambados Zona Centro dará ata 600 euros por unha camiseta inxeniosa

    camisetasalbarino_100_090707__still_004.jpgCAMBADOS > Cambados Zona Centro recupera o concurso de camisetas da Festa do Albariño e faino ademais con premios en metálico.

    O presidente da asociación de comerciantes presentou o concurso deste ano e anunciou que as peñas deberán anotarse e presenta-la camiseta antes do día un de agosto para gañar 600 euros, que é o consignado pola organización para o que gañe o primeiro premio e 300 para o segundo. A Asociación de Comerciantes quere así recuperar os premios en metálico que se perderon cando o concello se fixo cargo do concurso.

    O presidente convida a presentarse non só ós cambadeses senón a tódolos veciños da comarca e espera unha alta participación. O tema das camisetas será libre pero non poderá ser ofensivo e o premio entregarase o día 4 de agosto. As camisetas entregaranse nas oficinas da Asociación de Comerciantes de Cambados situadas na rúa Ourense, en horario de 9 a 14 horas.

    Ademais Marcos González adiantou que Zona Centro prepara novidade importantes para a Festa do Albariño e que xa están traballando na elección da Raíña. Tamén anunciou que durante este mes a Asociación colocará catro puntos de información na Ribeira de Fefiñáns, na praza de Asorey, ó lado do centro médico e na avenida de Vilariño. Tamén porán banderolas nas farolas da vila para promocionar a asociación durante estas festas nas que milleiros de persoas visitan Cambados.

    Redacción Salnés