Prisión provisional sen fianza para o presunto autor do disparo en Aralde

VILAGARCÍA> Prisión provisional comunicada e sen fianza para o presunto autor do disparo que a pasada fin de semana deixou ferido de gravidade un veciño de Vilanova en Aralde, Vilagarcía. Tras entregarse á Policía Nacional, hoxe prestou declaración ante o xuíz. Está investigado por tentativa de homicidio e tenencia ilícita de armas.

A prisión o veciño de Vilagarcía que o pasado venres pola noite presuntamente feriu de gravidade dun disparo un vilanovés tras unha disputa en Aralde. A última hora do sábado entregábase á Policía Nacional e hoxe prestou declaración ante o xuíz do xulgado número 1 de Vilagarcía. Trala súa comparecencia, decretouse prisión provisional comunicada e sen fianza.

O home está investigado polos delitos de tentativa de homicidio e tenencia ilícita de armas. O suceso produciuse despois da medianoite do vernes cando o ferido, de 36 anos, e o presunto atacante comezaron a discutir nun bar da zona de Aralde por motivos que non trascenderon.

Xa no exterior, o veciño de Vilagarcía disparou nun costado ao vilanovés. Trala pelexa o presunto agresor fuxiu do lugar. O ferido tivo que ser trasladado grave ata o Complexo Hospitalario de Santiago. Alí continúa ingresado, aínda que evoluciona favorablemente.

Segundo fontes da investigación, os dous implicados na liorta teñen antecedentes por tráfico de drogas.