‘A indemnización polo accidente de Brenntag debe inverterse no río Umia’

    duran_brenntagcopy.jpgSALNÉS> Así se pronunciou o Presidente da Mancomunidade do Salnés. Xa solicitou unha reunión co Conselleiro de Medio Ambiente para abordalo tema.

    {flowplayer}images/salnes/REUNION_MANCOMUNIDADE.flv{/flowplayer}

    A Xunta nun principio reclamaba coma indemnización por custes de actuación e danos ecolóxicos no accidente de Brenntag 9’6 millóns de euros. Finalmente esta semana coñeciamos que o goberno autonómico chegara a un acordo extraxudicial coa aseguradora da empresa por valor de 5’5 millóns de euros. Ante esta situación, o Presidente da Mancomunidade do Salnés, Gonzalo Durán, ven de pronunciarse ó respecto. Considera que ese importe se debe destinar á recuperación do río Umia e do seu entorno.

    Para abordalo tema, Gonzalo Durán convocou para o día 26 de marzo uá comisión executiva da Mancomunidade. Ó tempo xa solicitou unha entrevista co Conselleiro de Medio Ambiente para trasladarlle o parecer do organismo comarcal.

    En canto ó proxecto que segundo o Presidente da Mancomunidade se debería facer sobre o río Umia, non adiantou que tipo de actuacións contemplan. En todo caso, dixo, previamente haberá que facer un estudo do estado do río.

    Redacción Salnés

    Comments are closed.