![]()
SANXENXO > A parella resultou ferida tras chocar de madrugada o Peugeot 306 no que ían pola zona da Granxa.
Dous feridos foi o resultado do accidente ocorrido na madrugada do mércores 11 ó saírse da vía o vehículo co que circulaban pola PO-308 á altura de A Granxa, na parroquia de Dorrón.
O accidente do Peugeot 306, con matrícula PO 2779 BS, rexistrouse arredor das 4:22 horas e como consecuencia do impacto tiveron que ser trasladados polo 061 os seus dous ocupantes, unha muller que responde ás iniciales M. E. B. T. e un home, L. F. S.
Ata o lugar do sinistro desprazouse a Policía Local e o Servizo de Xestión de Emerxencias de Sanxenxo que acudiu cun furgón de salvamentos varios e a bomba rural lixeira e que se ocupou de levar a cabo a limpeza da vía.
Redacción Salnés









