O colexio de Vilalonga podería ser unha realidade no curso 20/21

SANXENXO> O novo colexio de Vilalonga, en Sanxenxo, parece que será unha realidade máis pronto que tarde. Así a lo menos o aseguraron o alcalde, Telmo Martín, e o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, no transcurso da sinatura do convenio de posta a disposición dos terreos onde se emprazará.
O responsable de Educación e Cultura da Xunta de Galicia, Román Rodríguez, estivo en Sanxenxo para asinar co alcalde o convenio de posta a disposición dos terreos nos que se emprazará esta nova instalación.
Unha acción que valoran positivamente dende a AMPA do actual colexio de Vilalonga, aínda que rogan que non se produzan novas dilacións neste proceso, do que xa se leva falando anos.
Rodríguez recoñeceu que se sairá en breve a licitación e que esperan que poida ser unha realidade en setembro do 2020. Terá un investimento de máis de 4 millóns de euros, esta nova instalación terá capacidade para uns 450 alumnos.
Ademais da construción do novo colexio o titular de Educación sinalou que se acometerán melloras na cuberta do colexio de Noalla-Telleiro, a que se destinaron algo máis de 60.000 euros, e a reforma da instalación eléctrica do colexio A Florida.