Morre un obreiro portugués ó caer dunha obra en Pontevedra

    edificiopontevedra_morreobreiro_100_110707__still_002.jpgPONTEVEDRA > O obreiro, de 43 anos, faleceu ó caer polo oco do ascensor tras rompe-la táboa sobre a que estaba apoiado.

    O accidente laboral ocorreu nun edificio en construcción que se atopa na esquina das rúas Juan Carlos Primero e Pedra do Lagarto, na zona da Parda. O home, un obreiro portugués de 43 anos, traballaba no oco do ascensor sobre unha táboa que supostamente rompeu. O home precipitouse ó baleiro dende unha altura de dez metros falecendo practicamente no acto ó recibir un gran golpe na cabeza. Ocorreu a primeira hora da mañá e o levantamento do cadáver tivo lugar sobre as dez.

    O suceso tivo lugar xusto nun día festivo en Pontevedra por mor da celebración do San Benito, anque o home, ó non ser do municipio acudiu a facer algúns traballos na obra que executa unha constructora de Barcelona, a mesma que se encargou de obras tan emblemáticas como a construcción da ponte de Rande.

    Redacción Salnés