A Xunta remata a rede de camiños da concentración Troáns I

    concentracion_troans100.jpg CUNTIS> Tamén se iniciaron xa as obras da segunda fase, que o goberno autonómico prevé ter rematada este ano.

    {flowplayer}images/salnes/touris_caminos_troans_cuntis.flv{/flowplayer}

    Xa está rematada a rede de camiños da concentración de Troáns I, en Cuntis. O delegado Territorial en Pontevedra, Xosé Manuel Cores Tourís, acudiu hoxe a este concello para a recepción das obras, nas que Goberno do Estado e Xunta investiron millón e medio de euros. Son máis de 23 quilómetros de pistas, que, segundo Cores Tourís, axudarán ó desenvolvemento rural da zona.

    Rematouse Troáns I e botaron a andar xa as obras da rede de camiños de Troáns II, na que se investirá 350 mil euros. A Xunta espera ter rematadas estas actuacións ó longo deste ano.

    En total, na concentración de Troáns están afectados 2.271 propietarios, con 1.158 hectáreas de terreo.

    Redacción Salnés