Martín Códax acolle o concurso Suso Domínguez que coroa ao mellor alumnado en sumillería de España

CAMBADOS> Martín Códax acolleu a celebración da 9 edición do concurso de sumillería Suso Domínguez. Esta foi a primeira vez que o certame se celebrou fóra da escola Carlos Oroza. A gañadora foi Airi de Paz do CIF Cidade de León.

 A escola Carlos Oroza organiza dende hai 10 anos o concurso de sumillería. Un evento destinado a todos os centros de hostalería de Galicia e no que tamén participan 3 escolas de Portugal e unha de Asturias, Castela León, Castela a Mancha e Navarra. Por primeira vez nas súas nove edicións, a escola realizou o concurso fora das súas instalacións. A localización escollida foi a adega Martín Códax.

Este concurso permite ao alumnado mostrar as súas destrezas e demostrar que xa están capacitados para saír ao mundo laboral.

O concurso deparou como terceira clasificada a Carmen Barba do Ies de Foz.

A segunda posición foi para Martín González do CIFP Manuel Antonio de Vigo.

E o primeiro premio foi para Airi de Paz do CIFP Cidade de León.

Tanto a escola Carlos Oroza como Martín Códax valoraron de forma moi positiva a experencia. Para adega é unha oportunidade de amosar o seu traballo aos profesionais do futuro.

A pesar da boa valoración da experiencia, o concurso regresará á escola na vindeira edición, ao tratarse da décima, dende o Carlos Oroza xa traballan nunha celebración especial.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí