Os vilagarciáns tranquilos a pesar do aumento da delincuencia

VILAGARCIA> A veciñanza de Vilagarcía móstrase tranquila a pesar do incremento da delincuencia. Aínda así reclaman máis información nas escolas en materia de prevención e aumentar o número de efectivos da policía. O tráfico de drogas e as agresións sexuais son os problemas que máis preocupan aos vilagarciáns.

O Ministerio de interior publicou na súa web un balance de criminalidade de todas aquelas cidades con máis de 30.000 habitantes. O informe recolle que os delitos en Vilagarcía incrementáronse nun 8,6% na primeira metade do ano. A pesar destes datos, a veciñanza considera que a vila é segura.

O informe non recolle ningún asasinato nin homicidio doloso pero si un incremento nos delitos de lesións e roubos con intimidación.

Outros delitos que aumentaron foron os de agresións sexuais que pasaron de tres a oito.

Outra das problemáticas habituais en Vilagarcía non desaparece. O tráfico de drogas aumentou nun 40% con respecto ao ano anterior.

Para solucionar estes problemas os veciños reclaman máis información en materia de prevención nas escolas e aumentar o número de policías que vixíen a cidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí