O Patrón Maior de A Illa declarou como acusado no xulgado de Vilagarcia

    VILAGARCIA > O Patrón Maior de A Illa, Benigno Chaves, acudiu ós xulgados de Vilagarcía para prestar declaración en calidade de acusado por un delito de prevaricación e coaacións.

    Os feitos remóntanse ó mes de abril do pasado ano, cando segundo a acusación, prohibiu a un mariscador acodir a faenar durante vinte días por. O motivo, sempre segundo a súa defensa, foi exceder o cupo de extracción de ameixa, causándolle importantes perdas económicas.

    O patrón maior da confraría de A Illa, Benigno Chaves, prestou declaración esta mañá durante aproximadamente media hora no xulgado número dous de Vilagarcía para responder ás acusacións de coaccións e prevaricación que se lle imputan segundo a declaración do demandante. Benigno Chaves rexeitou de modo tallante realizar declaracións tanto á entrada como á saída do xulgado, e tratou de tódolos xeitos non ser gravado polas cámaras dos medios que agardaban pola súa versión do sucedido.

    A acusación

    Pola súa banda, o avogado da acusación, un socio do pósito illense pertencente á Asociacion Galega de Mariscadores, AGAMAR; botou luz sobre este asunto. O letrado Alberto Muñoz, afirmou que na súa declaración, o patrón maior de A Illa non só recoñeceu a prohibición expresa de mariscar para este traballador, senón que se escudou no secretario e o cabildo da confraría para respaldar esa decisión. Benigno Chaves asegurou rexirse pola normativa interna do pósito e asegurou descoñecer a correpsondente lei da Xunta, así como non ter intención de facelo. Neste mismo intre esta normativa interna, fóra de todo marco legal, se está a aplicar a varios socios.

    Ante estas declaracións, o avogado da acusación decidiu ampliar a querela, tanto ó secretario coma ó cabildo pola aplicación dunha normativa contraria á lei que provocou uns danos económicos no demandante valorados en tres mil 300 euros. A acusación estima ademáis que non existen probas de que o mariscador cometese a infracción que o patrón maior lle imputa, e que se baseou únicamente na palabra dun vixiante.

    Redacción Salnés