O concello de Cuntis tentará mellorar a seguridade vial de Arcos e Troáns

    cuntisseguridadvial_100_130707__still_002.jpgCUNTIS > O deputado nacional do Partido Socialista, Antón Louro, reuniuse esta mañá coa alcaldesa de Cuntis …

    … , Fátima Monteagudo, para falar dos proxectos de construcción dunha senda fluvial e da proposta de mellora da seguridade vial en Arcos e Troáns.

    O concello de Cuntis pretende solucionar os problemas de seguridade vial existentes nestes dous pobos cunha proposta de construcción de beirarrúas e instalación de iluminación. No casco urbano tentarán adquirir os viais da Nacional-650 que pasaba pola cidade para melloralos e construír zonas axardinadas do mesmo xeito que na zona da Patela na que desexan construír unha senda fluvial como alternativa de ocio para tódolos turistas que se achegan a esta vila termal.

    A alcaldesa trasladoulle hoxe estes proxectos ó deputado nacional do PSOE, Antón Louro, nunha reunión de traballo na sede dos socialistas do concello para que este as traslade ó Ministerio de Fomento . As actuacións levaranse a cabo se son aprobadas polo Ministerio e introducidas nos presupostos xerais do Estado do ano 2008.

    Redacción Salnés