VILAGARCÍA> A Casa de Jaureguizar que está no centro de Vilagarcía pasará a formar parte do patrimonio inmobiliario do concello da vila. Así o anunciou o alcalde, Alberto Varela, que valorou positivamente a súa adquisición por un importe de algo máis de 170.000 euros.
Ravella adquirirá esta propiedade situada na rúa Doutor Tourón, na capital de Arousa. O inmoble pertencente ao contrabandista Marcial Dorado, e posteriormente embargada tras as causas xudiciais do seu último propietario. O custe da propiedade sitúase por debaixo do seu prezo de mercado, polo que o concello pagará algo máis de 170.000 euros.
O inmoble ía ser poxado o vindeiro 20 de novembro nun coñecido hotel de Madrid, co mesmo prezo de saída polo que o concello o adquirirá finalmente.
A propiedade consta de máis de 600 metros, con unha casa de planta baixa e piso duns 130 metros cadrados. Alberto Varela, recoñece a importante reforma que require o edificio para o seu uso e prefire ser cauto en canto a utilidade que se lle quere dar, aínda que afirma que a intención é de convertelo nun espazo para a terceira idade.