Morre unha veciña de Sanxenxo nun aparatoso accidente de tráfico na VAC

    SANXENXO > As estradas volveron cobrarse unha nova vítima mortal no Salnés. Como xa lles adiantábamos onte foi na Vía de Alta Capacidade do Salnés que no tramo que está aberto ó tráfico dende Sanxenxo ó Grove. Unha veciña de 53 anos de…

    …idade faleceu ó colisionar o vehículo que conducía contra outro que viña de fronte. A vítima mortal, G.G.D.accidentesanxenxo2_200_180107.jpg, era unha muller da parroquia de Bordóns en Sanxenxo que conducía un Renault 11 branco con matrícula PO 0728 AB en dirección ó Grove. Faleceu no acto polo que á chegada dos equipos médicos xa non se puido facer nada por ela máis que proceder á excarcelación do cadáver.

    Non así co ocupante do vehículo que viña na outra dirección, un home de 42 anos de idade, J.V.R. veciño de Madrid que conducía un Nissan Note negro con matrícula 3274 FJR. Presentaba numerosos traumatismos pero non se teme pola súa vida. O 112 deu aviso ás sete da tarde ós corpos de seguridade e ós servizos médicos para que acudiran ata o lugar no que se atoparon coa tráxica escena.

    accidentesanxenxo3_200_180107.jpgSegundo aviso 

    Apenas media hora despois, sobre ás sete e media, eran avisados doutra aparatosa colisión nunha zona próxima á do primeiro dos accidentes. Neste caso empotrouse un coche contra un autobús que ía baleiro pero, afortunadamente, non houbo que lamentar vítimas mortais.

    Redacción Salnés