Case 500 persoas xa están dispostas a correr por Angola

    VILAGARCÍA> Xa está en marcha a conta atrás para a carreira “Corro polo teu soño”, organizada pola ONG Ladesol. Todo o recadado destinarase a axudar á infancia de Angola, un dos países con peores condicións para os nenos. O evento celebrarase o vindeiro 31 de maio a partires das 10 da mañá en Vilagarcía, e a día de hoxe xa hai case 500 inscritos.

     

    O vindeiro 31 de maio Vilagarcía acolle a primeira carreira solidaria organizada por Ladesol, e xa hai case medio millar de persoas dispostos a correr polos soños dos nenos de Angola.

    Axudar aos nenos con diabetes, aos que sofren algunha fractura e aos que viven en prisión coas súas nais, son as tres áreas nas que traballa Ladesol. Por iso, dende o Colexio San Francisco están entregados á organización desta proba.

    Correr, andar ou aportar coa fila 0. Da igual a idade que teñas, dende os 2 aos 6 euros, podes aportar o teu gran de area. O importante é que todo o recadado na carreira destinarase a estes proxectos cos nenos de Angola. 

    Para as categorías dos máis pequenos, os corredores percorrerán 2.700 metros por toda Vilagarcía, saíndo da Avenida da Mariña á altura do porto. De aí tamén sairán os absolutos, pero o seu traxecto será de 8.700 metros.

    As inscricións poden facerse no colexio San Francisco ou a través de internet, na web carreirasgalegas.com.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/21/carreira_ladesol.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/21/carreira_ladesol.mp4{/flowplayer}