VILAGARCÍA> As leas nas noites de marcha preocupan ós empresarios: algun has aseguradoras néganse a renovar os polos continuos desperfectos.
{flowplayer}images/salnes/ROUBO_DROGUERIA_VILAGARCIA.flv{/flowplayer}
A droguería ‘Rosama’ amenceu este sábado co escaparate escachado e xa van seis veces só neste ano. Son as consecuencias das leas entre mozos que se suceden unha fin de semana e outra tamén no entorno da rúa Castelao. Os comerciantes da zona aseguran estar desesperados.
Entre os empresarios os ánimos están máis que caldeados. Os continuos desperfectos sufridos por algúns dos establecementos están a provocar que i incluso os seguros comecen a comunicarlles que non lles van anovar as pólizas. Segundo eles, a solución pasaría por aumentar a vixilancia policial.
Redacción Salnés