Louzán mantén a José Juan Durán á fronte de Cultura

    deputados100_170707.jpgPONTEVEDRA > O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán deu a coñecer hoxe a designación de membros …

    … para as comisións informativas, xunta de goberno, centros e organismos do ente provincial. O vilanovés José Juan Durán continúa á fronte da área de Cultura, formará parte da Xunta de Goberno e terá dedicación exclusiva.

    O presidente da Deputación, Rafael Louzán, mantén na área de Cultura ó deputado vilanovés José Juan Durán, que preside ademais a comisión informativa correspondente. Durán integrará como vocal a Xunta de Goberno provincial que se reunirá semanalmente os mércores ás dez da mañá, e tamén será vocal do consello rector do organismo autónomo Museo de Pontevedra. Ademais, e como xa se aprobou no pasado pleno, será un dos deputados con dedicación exclusiva, xunto con José Manuel Figueroa, Teresa Pedrosa e Enrique Sotelo.

    De momento, Louzán aínda non fixo públicos os nomes dos vicepresidentes provinciais, aínda que se postulan a pontevedresa Teresa Pedrosa, o lalinense Xosé Crespo e a viguesa Corina Porro. Pedrosa será ademais a responsable da área de benestar social e muller e tamén será vocal na xunta de goberno.

    Redacción Salnés