Arranca a veda do polbo en Galicia

BARBANZA> Comeza a veda do polbo en Galicia. Dende hoxe e ata o vindeiro 5 de xullo queda prohibida a captura desta especie en augas galegas.

En liñas xerais non foi un ano bo para o polbo. As capturas non foron as agardadas, e a isto houbo que sumarlle tamén a irrupción da pandemia.

De cara a vindeira campaña, a consellería do Mar e o sector consensuaron un novo plan do polbo que entrará en vigor a partir de mañá e se prolongará ata o 5 de xullo. Durante este tempo queda expresamente prohibida a captura desta especie.

Coa veda búscase axustar a xestión pesqueira ó propio ciclo de vida do polbo, para así protexer a súa reprodución e contribuír a unha explotación máis sustentable da especie.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí