![]()
SANXENXO > Medio Ambiente deu o visto bo ó proxecto de adecuación ambiental do entorno das Telleiras, en Vilalonga…
… O Concello de Sanxenxo deu a coñecer hoxe esta nova, ó tempo que lembra que investirá máis de 550 mil euros nesta primeira fase de recuperación do litoral da ría de Arousa nesta parroquia.
O Concello de Sanxenxo acaba de recibir a autorización da Consellería de Medio Ambiente para acometer o proxecto de adecuación ambiental do entorno de As Telleiras, na parroquia de Vilalonga. A administración local investirá 550 mil euros nestas obras, que foron adxudicadas á empresa Secoysa. Trátase da primeira fase da recuperación do litoral da ría de Arousa, nun espazo cualificado no PXOM como solo rústico de protección de espazos naturais.
A actuación comprende o acondicionamento de 283 metros da actual vía de acceso ó Centro de Interpretación As Telleiras, e a habilitación de zonas de aparcamento para 55 prazas de automóbiles e 5 de autobuses. Tamén se prevé a creación dunha senda bordeando o río Barbosa, ademais de instalar alumeado, drenaxe e abastecemento de auga á zona.
Redacción Salnés








