O III Festival Valleinclaniano reúne catro grandes espectáculos teatrais

VILANOVA > Catro grandes espectáculos conforman o cartel do Festival de Teatro Valleinclaniano, que organiza por terceiro ano o Concello, coa colaboración da Deputación de Pontevedra e Caixanova.

Este domingo arranca a terceira edición do Festival de Teatro Valleinclaniano que traerá catro grandes espectáculos a Vilanova de Arousa. Os primeiros en subirse ó escenario instalado no Xardín Umbrío será HDM El Submarino. Esta compañía de Madrid representará ‘Reflejos de la lámpara’, visión novidosa e espectacular do tratado estética de Valle ‘La lámpara maravillosa’. Seis actores estarán ó servizo desta proposta teatral.

A seguinte cita co teatro de Valle Inclán será da man dos asturianos Teatro del Norte, o día 28, coa obra ‘¿Para cuanto sin las reclamaciones diplomáticas?’. Xa en agosto, o día 5 actúa La Garnacha, de Logroño con ‘Los cuernos de don Friolera’, e o 12 pecha o cartel Teatro Sukiya de Madrid con ‘El retablo de la avaricia, la lujuria y la muerte’. Tódolos espectáculos serán gratuítos e comezarán ás dez e media da noite.

Redacción Salnés