![]()
A ILLA > Os piragüistas Ramón Ferro, Óscar Graña e María Pérez regresaron onte ás súas casas procedentes de Eslovaquia, …
… onde disputaron con éxito o Campionato de Europa de maratón. Os tres foron recibidos no aeroporto de Vigo por directivos, adestradores e compañeiros do Club A Illa e As Torres de Catoira. Pero o mellor esperáballes na casa.
Caloroso recibimento o que recibiron os subcampións de Europa de maratón, Ramón Ferro e o seu compañeiro Óscar Graña. Na sede do club reuníronse compañeiros, familiares e representantes da Corporación Municipal, para festexar con eles a medalla de prata acadada na proba de C-2 no europeo disputado na localidade eslovaca de Trencín.
Un premio ó sobre esforzo que tiveron que facer os dous piragüistas na final. Cando só levaban 400 metros foron abordados pola embarcación polaca e quedaron no medio do campo de regatas. Isto fíxolles perder dous minutos pero tiveron folgos para seguir e para superar a tódalas canoas, agás a húngara, que foi campiona con só 58 segundos de diferencia. Con esta medalla de prata Ferro e Graña repiten a posición do último campionato do Mundo e confírmanse na elite do piragüismo.
En Catoira tamén festexaron o bronce conseguido por María Pérez, do club As Torres, na proba de K-2 formando equipo con Naiara Gómez.
Redacción Salnés






