Sálvora ensina como actuar nos primeiros minutos tras un accidente

    seguridadevialsalvora_100_170707__still_003.jpgVILAGARCÍA > A autoescola Sálvora organizou unha xornada de ‘Intervención e Prevencion Sanitaria nos Accidentes de Tráfico’.

    Unha vez máis a autoescola Sálvora de Vilagarcía quixo organizar unha xornada de seguridade vial na que colaborou o Grupo Junquera pero non as administracións, algo que criticou hoxe o organizador, Manolo Portas, quen destacou a importancia deste tipo de xornadas á hora de actuar en caso de accidente. ‘Nos primeiros minutos é fundamental saber como actuar para salva-la vida dunha persoa’, di Manolo Portas quen recorda que en Francia conseguiron reducir as cifras de mortes coa posta en marcha dun plan de actuación inmediata e a achega de vehículos sanitarios adaptados.

    Unha das ponentes nestas xornadas foi a coordinadora nacional do Plan de Emerxencias Sanitarias, Rosa Encinas, quen tratou aspectos relacionados cos minutos posteriores a un accidente e ensinou tamén ós alumnos a facer manobras de reanimación cardiopulmonar e asistencia inicial ó traumatizado. Protección Civil

    seguridadevialsalvora_300_170707__still_002.jpgAnque tamén coñeceron o traballo dos corpos de intervención a través dun simulacro realizado por Protección Civil de Vilagarcía. Na explanada lateral do Auditorio, onde tivo lugar a xornada, representaron un choque frontal no que unha persoa quedaba apreixada entre os ferros e había que excarcerar. Os membros de Protección Civil puxeron en escea un novo sistema ideado por eles para excarcelar dun xeito máis rápido e menos perigoso. Segundo comentou Francisco Javier Guillán Busto, presidente do colectivo vilagarcián, este sistema permite facer menos cortes e non ter que mover a carrocería impedindo posibles lesións á persoa que quedou apreixada.

    Protección Civil asegurou que as excarceracións son manobras sumamente delicadas cuxo tempo nunca se pode previr. ‘Moitos din que se tarda moito en sacar a alguén, di Javier Guillán, pero hai que pensar que se trata de non danar máis á persoa que tivo o accidente’. De aí a importancia de saber como actuar e facelo coa máxima cautela ante calquera accidente de tráfico.

    Redacción Salnés