VILAGARCIA> A festa por excelencia da cervexa volverá celebrarse en Vilagarcía. A asociación Ahituvi recupera o Oktober Fest para vila. 450 litros de cervexa, acompañados de salchichas e polbo completan a oferta gastronómica. A cita terá lugar o venres e o sábado na praza da peixería da localidade.
Vilagarcía volverá gozar do Oktober Fest. Unha festa que tradicionalmente organizaban os ingleses e que este ano a retomará a Asociación de Hostalería e Turismo de Vilagarcía.
O evento terá lugar os días 13 e 14 de outubro na praza da peixería. A organización ten preparados 450 litros do produto estrela, a cervexa.
O festival estará amenizado por diferentes actuacións.
Aínda que xa non sexan os organizadores, o club de Rugby os ingleses colaborará no festexo.
Tanto a empresa Vepersa como o concello de Vilagarcía tamén colaboran con Ahituvi. Dende Ravella sinalan a importancia do evento para desestacionalizar o turismo.
Os produtos terán uns prezos populares: A cervexa de medio litro custará 3 euros, a de litro 5 e a de importación 6, a ración de empanada e salchichas terán un custo de dous euros e o polbo será algo máis caro. A festa comezará o sábado 13 ás 12 horas.