45 boireses participan no obradoiro de emprego ‘Ponte Goiáns’

    obradoiroempregoboiro_100_180707.jpgBOIRO > Os alumnos recibirán formación nas especialidades de xardinería, cantería e carpintería ó longo do ano co fin de facilitar a súa inserción laboral

    Precisamente, o principal obxectivo deste obradoiro de emprego é facilitar o acceso a un posto de traballo ós colectivos con maiores dificultades. Para iso, no proceso de selección dos 45 alumnos pririzáronse determiandos perfís como mulleres, mozos de entre 25 e 30 anos, parados de longa duración, maiores de 45 anos ou discapacitados.

    A diversidade dos participantes reflíctese tamén no equipo docente, integrado por dez profesionais en diversos campos: economía, arquitectura, filosofía, enxenería agrícola e mesmo ciencias empresarias. Pero ademais da inserción laboral dos alumnos, o obradoiro presenta outra vertente como é a recuperación de diversos espazos públicos. Aínda que durante todo o ano levaranse a cabo actuacións de todo tipo, o proxecto máis destacado neste obradoiro será a recuperación dos muíños de Goiáns.

    Vella aspiración

    Esta iniciativa é posible grazas ó importante esforzo inversor da Consellería de Traballo, que destinou unha partida de 878 mil euros, ós que se suman os 92 mil euros aportados polo concello. Coa súa posta en marcha, vense satisfacer unha vella aspiración do executivo local que, dende hai tres anos, leva demandando a subvención para desenvolver o obradoiro. Agora, os alumnos continuarán a súa formación ata xuño de 2008, cando se abrirá unha nova etapa para eles na busca dun posto de traballo. Para elo, o concello establecerá liñas de colaboración coas empresas locais demandantes de profesionais nestas tres espcialidades.

    Redacción Barbanza