PONTEVEDRA> O Concello de Pontevedra publicou xa as primeiras imaxes do espazo gastronómico do primeiro andar do Mercado de Abastos. As obras están moi avanzadas e o goberno municipal anunciou que quere abrir as súas portas antes do verán. Algo co que non están moi de acordo os traballadores da praza.
O espazo gastronómico do Mercado de Abastos vai tomando forma. Con estas imaxes os pontevedreses poder facerse xa unha idea de cómo será o primeiro andar a partir dos próximos meses. Sen embargo, este proxecto parece non facer moita graza aos traballadores da praza, quenes non parecen estar moi de acordo con esta iniciativa.
Guste ou non, o que está claro e que o novo espazo gastronómico do Mercado de Abastos atraerá a un público que non soe estar moi acostumado a entrar na praza. Iso si, se isto beneficia ou prexudica aos traballadores, é algo que soamente o tempo o dirá.