Rogelio Franco Damazo, veciño de Pontevedra, primeiro falecido identificado do Villa de Pitanxo

[

PONTEVEDRA> As tarefas de identificación daban esta tarde os primeiros resultados. A familia do tripulante do Villa de Pitanxo Rogelio Franco Damazo confirmaba que o seu é un dos corpos trasladados ao porto de San Xoan de Terranova. Trátase do primeiro cadáver identificado de xeito oficial. Aínda que residía en Pontevedra, a súa familia decidiu soterralo no Perú. O seu corpo será repatriado directamente dende Terranova.

A súa familia participou esta mañá nunha xuntanza na subdelegación do goberno en Pontevedra. Dende alí, manifestaban o seu desexo de recuperar o corpo de Rogelio.