Máis de cen persoas ensaian para o ‘Vilaxoán canta’ dirixidos por Manso

vilaxoancantaensaio100_180707.jpgVILAGARCÍA > Vilaxoán celebra esta fin de semana O Carme e un dos actos máis significativos é o ‘Vilaxoán Canta’

… O acordeonista Salvador Manso ultima os ensaios esta semana para que o luns todo saia á perfección na praza Rafael Pazos.

Desde 1980 o pobo arousá de Vilaxoán reúnese en torno ós micrófonos para cantar. Unha cita que permite a moitos veciños de Vilaxoán, Vilagarcía ou Sobradelo, reencontrarse para practicar unha das súas afeccións preferidas, o canto. A batuta deste peculiar coro está nas mans do músico Salvador Manso que para esta edición preparou un repertorio de 14 temas, entre as que se atopan Soto del penal, Torrevieja, Ven Vilaxoán ou Maitetxu mía. Esta semana celebran os últimos ensaios no Fogar do Pescador, onde se reúnen máis de cen persoas. Despois dun mes de preparación, xa está todo listo para a actuación do luns, ás oito da tarde na praza Rafael Pazos de Vilaxoán.

‘Vilaxoán Canta’ enmárcase nas festas do Carme que se celebran esta fin de semana. O programa arranca o domingo con pasarrúas ás nove da mañá, ás doce será a misa cantada pola Coral Polifónica Máximo Patiño, trala que actuará a Banda de Música Xuvenil de Barro. A procesión marítima será ás sete e media da tarde e pola noite, haberá verbena. O luns, o coro parroquial ofrecerá ás once da mañá a misa polos mariñeiros falecidos, seguida do concerto da Banda de Música da Estrada. Ás oito será o Vilaxoán Canta e á noite, de novo verbena.

Redacción Salnés