A alcaldesa amosa ós veciños o proxecto da nova casa de cultura de Carril

    alcaldesaplanoscarril100_200707.jpgVILAGARCÍA > O Concello aínda non ten data para iniciar as obras de ampliación da Casa de Cultura de Carril

    … Os traballos están pendentes das prospeccións arqueolóxicas por estar a parcela dentro do ámbito de cautela arqueolóxica protexida por Patrimonio. Segundo adiantou a alcaldesa estes sondaxes aínda tardarán unha semana e despois haberá que esperar o informe de Patrimonio.

    A alcaldesa, mailos edís de Urbanismo e Educación presentaron onte o proxecto de ampliación do centro cultural de Carril ós representantes dos colectivos sociais e culturais da parroquia. Cos planos na man, a rexedora explicoulles que se construirá un edificio anexo ó xa existente, que estarán comunicados pola parte de atrás.

    No baixo irá un recibidor, almacén, escaleiras e un ascensor. Na primeira planta haberá un salón de actos de 171 metros cadrados con capacidade para unhas cen persoas e cunha zona de dobre altura. Tamén haberá 2 aseos, un distribuidor e un porche. Na segunda planta crearanse 3 despachos, un distribuidor aberto sobre o salón de actos, escaleiras e ascensor. A obra completarase con reformas no edificio actual. O proxecto veríase modificado no caso de que o arqueólogo Víctor Rúa e o seu equipo atopasen restos de valor nas prospeccións da parcela.

    Redacción Salnés