![]()
CAMBADOS > O paro da pesca e o do transporte deixaron practicamente baleiros os postos de peixe en prazas de abastos e supermercados.
{flowplayer}images/salnes/folga_pesca.flv{/flowplayer}
CAMBADOS > O paro do arrastre do litoral galego iniciado a comezos de maio, e agora tamén o do sector transportista, deixaron practicamente baleiras as prazas de abastos e os estantes de peixe nos establecementos comerciais.
No mercado de Cambados hoxe moitas peixeiras non foron a traballar e as poucas que venderon algo foi grazas ó peixe chegado dos poucos barcos da flota de altura que aínda están a vender as súas capturas en Portos coma o de Vigo, ou daquelas confrarías, coma a do Grove e Portonovo, que onte aínda abriron as súas portas. Aínda así o peixe fresco que había esta mañá na praza era ben pouco. As prazas do Salnés e do litoral de ría de Arousa, abastécense sobre todo do peixe capturado pola pesca de baixura.
Unha pesca que onte se sumou case por completo ó paro na costa galega, con algunhas excepcións coma a da Confraría do Grove. A pesca artesanal defende que ten unha situación de autonomía respecto ó amarre convocado hai dúas semanas polos armadores de altura. A razóns, que teñen intereses e motivos de seu para sumarse á folga. O amarre dos arrastreiros, e polo tanto o peche dos pósitos, durará polo menos ata este xoves. Así o decidiu onte pola tarde a Federación Nacional de Confrarías de Pescadores trala xuntanza mantida co Director Xeral de Pesca. Dende a Federación Nacional non se mostran partícipes a un paro indefinido, unha postura que xa criticaron dende a Plataforma en Defensa do Sector Pesqueiro.
Redacción Salnés









