Mar de Frades ultima unha vendima con cantidade e calidade

MEIS> Mar de Frades afronta os últimos días de vendima neste 2018. Unha campaña que se desenvolveu de xeito tranquilo grazas ao tempo e que, a pesares do que se cría nun primeiro momento, remata con cantidade e calidade na uva que está a entrar nas adegas.