Máis seguridade na AC-305 ó seu paso pola Pobra

    melloraestradacomarcalac305_100_200707.jpgPOBRA > A Consellería de Política Territorial acometerá a mellora da estrada AC-305 ó seu paso pola Pobra co obxectivo de incrementa-la seguridade vial.

    O proxecto que vén de ser aprobado contempla unha actuación no vial AC-305, no tramo comprendido entre o Río Lérez e o alto do Campiño, de aproximadamente catro quilómetros de lonxitude.

    A intención, tanto por parte da Xunta de Galicia como do executivo municipal, é incrementar a seguridade desta vía e reduci-los puntos máis conflitivos e onde soen concentrarse os accidentes.

    Instalación de glorietas

    Por este motivo, instalaranse varias glorietas, unha na zona dos xardíns actualmente regulada por semáforos e habilitarase unha doble vía de circulación con carrís máis anchos e aparcadoiros a ámbolos dous lados. A reordenación do tráfico contribuirá a facilitar a conducción ó longo dos máis de catro quilómetros nos que se acometerán as melloras.

    Unha vez aprobado o proxecto realizaranse os trámites para a adquisición dos terreos e a súa expropiación. Neste sentido, o alcalde pobrés, Isaac Maceiras, explicou que a maior parte dos terreos afectados son de titularidade municipal polo que a actuación non afectará a ningunha vivenda habitada, soamente a vellos inmobles en ruínas. As obras teñen un prazo de execución máximo de dezaoito meses.

    Redacción Barbanza