![]()
VILAGARCÍA> O novo edificio actuará de ampliación do actual, co obxectivo de aumentar a actividade das asociacións do lugar.
{flowplayer}images/salnes/AMPLIACION_CENTRO_SOCIOCULTURAL_BAMIO.flv{/flowplayer}
A parroquia de Bamio, en Vilagarcía, inaugurou onte o seu segundo centro sociocultural. As novas instalacións, que funcionarán como ampliación do centro co que xa conta a zona na actualidade, foron promovidas dende o goberno local, e contaron cunha inversión de máis de 300 mil euros con cargo ó Plan E.
O novo edificio está composto por dous andares nos que destaca o amplo salón de actos, con capacidade para varias decenas de persoas, e está destinado a aumentar a actividade que realizan as asociacións veciñais e culturais de Bamio.
O acto de inauguración celebrouse a tarde de onte por todo o alto, e congregou a numerosos veciños ademais de practicamente a toda a corporación municipal. Ademais da alcaldesa vilagarciá, Dolores García, tamén estiveron presentes o concelleiro de Cultura, Xosé Castro Ratón, e os líderes da oposición: Tomás Fole, do Partido Popular, Juan Fajardo, de Esquerda Unida, e José Luis Rivera Mallo, voceiro de Ivil.
Redacción Salnés









