A Pobra acollerá unha feira baseada no ecoloxismo e o benestar animal

    POBRA> A Pobra acollerá esta fin de semana unha feira ecolóxica e animalista. Unha vintena de postos instalaranse nos xardíns Valle-Inclán para presentar os seus produtos, elaborados con materiais estritamente ecolóxicos. Xunto a eles, varias protectoras de animais darán a coñecer o seu labor. A feira que se celebrará a partir de mañá na Pobra pretende sensibilizar á cidadanía sobre o ecoloxismo, o benestar animal e o consumo responsable. Na casetas habilitadas nos xardíns Valle-Inclán instalaranse protectoras de animais de toda Galicia e artesáns que ofrecen productos manufacturados co máximo respecto ó medio ambiente. A feira suporá ademais un primeiro paso na campaña de recollida de móbiles usados para reducir o seu impacto no ecosistema. Unha vez rematada, a campaña terá continuidade no concello da Pobra onde se habilitarán varios puntos de recollida.