Tras unha Semana Santa complicada, Sanxenxo agarda con boas expectativas a ponte de maio

SANXENXO> Tras unha Semana Santa non tan boa como se agardaba, o sector turístico de Sanxenxo xa se prepara para a súa seguinte data sinalada: a ponte do primeiro de maio. As expectativas para daquela son boas, contando –iso si- con que o tempo acompañe. Como incentivo das vacacións, unha vez máis, salienta a festa da raia.

A Semana Santa en Sanxenxo estivo marcada pola chuvia, o vento e as baixas temperaturas. Tras unhas vacacións non tan boas como se agardaban, o sector turístico da vila agardan que na ponte de maio esta que ven sexa a imaxe que marque eses días de lecer. O Concello di que as previsións son boas, se o tempo acompaña.

A expectativa para o mes de maio é boa, agardando que os resultados sexan mellores que os da Semana Santa. Aínda que o mal tempo se deixou notar, dende o concello fan un balance positivo, a pesar de que nin o ceo nin as datas axudaron.

Aínda cos datos da Semana Santa sen pechar, as estimacións falan dunha ocupación que roldou o 60%. Con todo, moitas persoas optaron por cancela-las súas reservas, en previsión dunhas vacacións pasadas por auga.