Un paseo polos viños do mundo e a artesanía galega na capital do albariño

    festa_europea_vino copia.jpgCAMBADOS> A Feira dos Viños Europeos e a de Artesanía volven darse cita na Calzada como parte da programación do Albariño 2010.

    {flowplayer}images/salnes/FESTA EUROPEA VINO.flv{/flowplayer}

    A inauguración no Paseo da Calzada de Cambados da Terceira Feira de Artesanía de Galicia e a Festa Europea do Viño, contou coa presenza da Directora Xeral de Comercio, Nava Castro e do alcalde da localidade, Luis Aragunde. Ámbalas dúas citas compartirán espazo ó longo de toda a fin de semana. 38 dos 42 casetas pertencen á Feira de Artesanía. Xoiería, cerámica, escultura en pedra, obradoiros de coiro e téxtil e mesmo gastronomía son algúns dos sectores que se poden atopar na feira. Sen dúbida, a mellor oportunidade para dar a coñecer os produtos artesáns galegos. 

    Unha feira acompañada da Festa Europea do Viño que ademais dos caldos denominación de orixe Rías Baixas, pódense atopar viños de todo o mundo. Variedade e produtos galegos é o maior atractivo para os que se achegaron ata o Paseo da Calzada.

    A III edición da Feira e a Festa Europea do viño estarán abertas ó público de once da mañá ás dúas e media e de cinco e media a dez da noite. Os organizadores agardan recibir entre 40.000 e 60.000 persoas.

    Redacción Salnés