Unha cebola de quilo e medio, premio ó exemplar máis grande da festa

    festa_cebola_saxenxo_100_040909.jpgSANXENXO> A Feira da Cebola concedeu as insignias de ouro á xornalista Esther Eiros e o Moto Club Amigos da Moto.

    {flowplayer}images/salnes/festa_cebola_sanxenxo.flv{/flowplayer}

    A alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González, foi a encargada de inaugurar a 27 edición da Feira da Cebola. Tras un percorrido polos 60 postos de ceboleiras instalados no Porto Deportivo Juan Carlos I, procedeuse á entrega dos premios. Como cada ano, distínguense tres categorías distintas: a de cebola máis grande, onde a súa dona, Manuela Gómez, luciu moi orgullosa a cebola que pesaba 1.690 gramos, unha segunda categoría para a ristra mais longa, neste caso a galardoada foi Yudite Dos Reis, e outra distinción facendo referencia á composición artística que recaeu no “Lagar” de María Ángeles Cacabelos.

    De seguido, Catalina González impuxo as cebolas de ouro. Nesta ocasión recibiron estas distincións o Moto Club Amigos da Moto de Sanxenxo e a xornalista Esther Eiros. Non se quixeron perder esta cita o presidente da Deputación, Rafael Louzán e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís.

    Redacción Salnés