Ceboterga gaña o premio AEVU 2.006 polo seu traballo no medio rural na comarca

    PORTAS> No concello de Portas sitúase Ceboterga. Fundada en 1992 por dous irmáns  conta con dúas mil cabezas de ganado. Nestas instalacións críanse tenreiros dende moi poucos anos de vida ata os catrocentos quilos. Hoxe en día o traballo e esforzo destes emprendedores os fixo gañadores dos premios AEVU 2.006.

    En 1992 dous irmáns dedicados ó campo e a gandería de leite deciden formar unha empresa destinada á crianza de tenreiros para carne. Aínda que os comezos sempre son complicados, foron incorporando as instalacións innovacións  e nova maquinaria que facía máis sinxelo o traballo.

    O traballo centrase en traer tenreiros moi pequenos, con poucos días de vida, para seguir o ciclo de crianza. Para elo,  provense dos mercados de Silleda e Santiago. Cando chegan a estas instalacións pesan tan só 55 ou 70 quilos. Despois de tres meses pasan a comer sólido e únense en cadras máis grandes. O final do ciclo chega cando os animais collen un peso de 400 quilos aproximadamente. É entón cando inician a viaxe o matadoiro. A máxima preocupación desta empresa e conseguir o mellor producto polo que están amparados coa marca de calidade galega. Actualmente contan con tres traballadores externos que axudan a botar o alimento os animais.

    Despois de tantos anos de traballo a asociación de empresarios dos vales Ulla- Umia decide outorgarlle un premio polo desenvolvemento agro alimentario e pola súa contribución á comarca no ámbito rural. Un recoñecemento que é acollido con moito orgullo e satisfacción.

    Un premio que anima a estes emprendedoras de Portas a continuar traballando en pro dos productos galegos de calidade.

    Redacción Salnés