21 detidos nunha operacion contra o narcotráfico na Ría de Arousa

VILAGARCIA> 21 detidos na Ría de Arousa nunha nova operación contra o narcotráfico. As forzas de seguridade realizaron numerosos rexistros ao longo da mañá deste luns en numerosos concellos tanto da comarca do Salnés como na do Barbanza. Os axentes requisaron principalmente, diñeiro, coches e teléfonos móbiles.

As forzas de seguridade dirixidas polo xulgado de instrucción número 1 de Vilagarcía asestaron un novo golpe ao narcotráfico na Ría de Arousa. Unha operación encabezada polos grupos de resposta especial para o crime organizado, o Greco da Policía Nacional. As forzas de seguridade realizaron numerosos rexistros en diferentes puntos tanto da comarca do Salnés como do Barbanza, en concellos como Vilagarcía, Catoira, A Illa, Vilanova, Cambados, Boiro e Rianxo.

As entradas e rexistros realizáronse principalmente en vivendas, aínda que tamén tiveron lugar en algunhas naves. Nas intervencións estivo presente a letrada da Administración de Xustiza. Nestes rexistros os axentes requisaron principalmente diñeiro, vehículos e teléfonos móbiles.

A gran operación contra o narcotráfico aínda está aberta pero polo de agora os axentes detiveron a 21 persoas. Ao estar o operativo aberto esta cifra podería aumentar nos vindeiros días. Segundo informan as fontes xudiciais, os prendidos aínda non pasarán mañá a disposición xudicial.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí