![]()
O GROVE> A Guía Básica de Servicios Náuticos de Galicia será a carta de presentación deste ano de Portos de Galicia en FITUR, …
{flowplayer}images/salnes/guia_nautica_salnes.flv{/flowplayer}
…a Feira Internacional do Turismo que terá lugar en Madrid en pouco máis de dúas semanas. Este traballo conxunto da Xunta de Galicia e das cinco autoridades portuarias con sede na nosa Comunidade inclúe información de 39 portos deportivos: 12 autoridades portuarias e 27 portos galegos; que, amais de neste soporto en papel especial resistente ás inclemencias do tempo, e editado en galego, castelán e inglés, pode consultarse tamén na páxina web de Portos de Galicia.
Esta guía foi presentada xa no Salón Náutico de París a finais do ano pasado e, en breve, presentarase na capital de España, ante o público especializado do sector turístico nacional e internacional. E é que os datos cantan: cada día máis, a náutica recreativa é unha fonte potencial de emprego vencellado ó turismo. Conscientes da importancia económica da náutica recreativa, Portos de Galicia segue adiante co desenvolvemento do Plan Estratéxico do sector; arestora en fase de estudio das alegacións.
Redacción Salnés








