Sanxenxo e Portonovo sumarán 673 novas prazas de aparcamento

    parkingsanxenxo_100_260707.jpgSANXENXO > O Concello adxudicará a construción e explotación de dous aparcamentos soterrados que custarán máis de nove millóns de euros.

    Os aparcamentos soterrados estarán ubicados na Panadeira, en Sanxenxo, e en Camiño da Perla, en Portonovo, e suporán 673 novas prazas. A Unión Temporal de Empresas integrada por Pontes Concesións e Constructora Bético Galaica S.A. presentou as únicas ofertas recibidas para a posta en marcha destes equipamentos que terán un custo conxunto superior ós nove millóns de euros.

    Con respecto ao parking de Sanxenxo, o proxecto contempla unha estructura de catro plantas nas que se distribuirán un total de 371 prazas. O acceso será dende un lateral ao soto, aproveitando a diferenza de nivel e permitindo a ventilación directa pola fachada. Esta planta terá de 90 prazas, un cuarto de instalacións, aseos e oficina. Os pisos 2 e 3 terán 93 prazas cada un e o sótano 4 outras 95. O orzamento aportado para levar a cabo esta actuación ascende a 4.959.877 euros e prevese que a superficie total construída sexa de 8.880 metros cadrados nunha parcela de 2.262 m2, dos que resultarán útiles 8.233 m2.

    Redacción Salnés