Lores e Casal alcanzan un acordo para gobernar Pontevedra

    pactopontevedra100_260707.jpgPONTEVEDRA > Dous meses despois das eleccións, BNG e PSOE teñen xa un acordo para gobernar Pontevedra. Así o confirmaron …

    … hoxe Miguel Anxo Fernández Lores e Teresa Casal despois da última reunión da comisión negociadora celebrada a primeira hora desta mañá. O acordo firmarase nos vindeiros días e o reparto de áreas farase na vindeira Xunta de Goberno.

    pactopontevedra300_260707.jpgO pacto BNG – PSOE en Pontevedra podería firmarse este sábado. Esta mañá celebrouse unha nova reunión na sala de xuntas do Concello, cos interlocutores habituais. Polo bando nacionalista o alcalde Miguel Anxo Fernández Lorez, estivo franqueado por César Mosquera e Raimundo González, mentres que a socialista Teresa Casal acudiu con Margarita Castejón.

    Na xuntanza abordouse xa a configuración dun goberno de coalición pero sen fixar aínda o reparto de áreas. O alcalde e Teresa Casal destacaron a importancia de chegar a este acordo, que supón unha declaración de intencións para os vindeiros catro anos. O novo goberno xa acordou unha serie de medidas que deberán ser acometidas con urxencia no novo mandato. Estas prioridades céntranse nas infraestructuras e en darlle un impulso ó concello.

    Ambas formacións queren conformar un goberno forte, estable e cohesionado para corrixir os erros cometidos no mandato anterior. O rexedor asegurou que ‘como o acordo foi debatido longamente permitirá que a partir de agora todo vaia sobre rodas’. Tamén Teresa Casal entende que ‘as profundas negociacións reflectirán nun beneficio para os pontevedreses’. Vaise avanzando e o acordo programático firmarase previsiblemente pasado mañá sábado. En canto ó reparto de áreas, abordarase na vindeira Xunta de Goberno municipal.

    Redacción Salnés