Vilanova, Noia, Pontevedra, Vilagarcía e Meis: os quintos premios tamén escollen as Rías Baixas

RÍAS BAIXAS> A Lotaría do Nadal deixa na nosa contorna varios quintos premios. Caeron en Vilanova, Noia, Pontevedra, Vilagarcía e Meis.

O primeiro deles saíu pasadas as 10 da mañá. O número 29.031 repartíu a súa sorte na administración de lotaría da rúa Eduardo Pondal, en Pontevedra, na da Avenida Augusto González Besada de Vilanova e na da rúa Montero Ríos, en Noia. Na cidade do Lérez vendeuse deste quinto premio un único décimo, mentres que na vila de Valle-Inclán foron dez.

Outro quinto premio caía en Arousa pasadas as 11.30 horas da mañá. O número agrazado foi o 18.596, deixando a súa fortuna na administración de lotaría do Centro Comercial Arousa, en Vilagarcía.

O derradeiro quinto premio que fixo parada nas Rías Baixas foi parar a Meis. O 02308, deixou varios décimos premiados nunha tenda-bar de San Martiño.