Máis de trinta actividades compoñen o programa do Verán Cultural de Boiro

BOIRO> Unha trintena de actividades compoñen a programación do verán cultural de Boiro. A maioría celebraranse en escenarios ó aire libre poñendo tamén en valor o patrimonio natural e paisaxístico do municipio.

Aínda que nun formato distinto ó habitual, a cultura estará ben presente este verán en Boiro. o concello deseñou unha ampla programación estival, con máis de trinta espectáculos, que se desenvolverán preferiblemente ó aire libre e tomando as medidas de prevención axeitadas.

Mañá sábado terá lugar o primeiro concerto, a cargo de Sabela King e The Heartbreakers’ diante da Pousada da Galiza Imaxinaria. precisamente as entidades privadas e o tecido asociativo do municipio colaboran activamente nesta programación para revitalizar o sector cultural tralo parón que supuxo o coronavirus.

Ademais de música haberá cine e teatro. Unha das representacións máis destacadas será a de Elisa e Marcela o 28 de agosto na casa da cultura. Xa se pode consultar a programación ó completo na páxina web do concello www.boiro.gal.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí