Un accidente provoca un vertido de Coca-Cola en Sanxenxo

    vertidococacolasanxenxo_100_260707.jpgSANXENXO > O Servizo de Xestión de Emerxencias de Sanxenxo tivo que acudir á rotonda de Arnelas para proceder á limpeza da vía.

    O motivo desta operación foi un accidente dun camión de reparto de bebidas, con matrícula M 0629 KM, que perdeu a carga que levaba ó colle-la curva da glorieta arredor das 16.40 horas. O vehículo pertence á empresa Gaesco S.L. e o conducía R. A. P. Ademais, o incidente provocou tamén salpicaduras a un Skoda Octavia con matrícula 7539 FRW. O Servizo de Xestión de Emerxencias tivo que baldear a calzada para elimina-los restos de cristais e bebidas mentres que a Policía Local se encargou de ordena-lo tráfico para axiliza-la circulación mentras duraron as tarefas.

    Redacción Salnés