A Deputación inclúe á Barbanza no Plan de Prevención de Drogas

    plandrogasdeputacion_100_09102009.jpgBOIRO> O programa, que se desenvolverá durante  dez meses, incluirá actividades no ámbito educativo, familiar e no tempo de lecer.

    A comarca do Barbanza presenta un alto risco de toxicomanías entre a poboación en idades máis temperás. Por este motivo, a Deputación da Coruña incluiu ós concellos de Barbanza e Muros-Noia no segundo plan de prevención das drogodependecias que leva por título ‘Pensa por ti’.

    {flowplayer}barbanza/plandrogasdeputacion.flv{/flowplayer}

    O programa, deseñado pola empresa Ideara, divídese en tres áreas: prevención escolar, nas familias e comunitaria.O obxectivo principal deste plan, dirixido a mozos de entre doce e dezaoito anos, é retrasar a idade de inicio nos hábitos tóxicos como o alcohol ou o tabaco. Así mesmo, se busca promover alernativas de estilos de vida saudable.

    Vinte concellos

    A Deputación investirá unha partida de 200 mil euros para promover estes programas en máis de vinte concellos de cinco áreas da provincia. Concretamentre en Boiro poderase seguir avanzando nos programas que xa desenvolve o concello en colabroación con outras entidades.

    Ademais das administracións locais, dende a Deputación pretenden implicar neste plan ademais das administracións locais, ós recursos asistenciais e as asociacións de afectados que levan anos realizando unha gran labor.

    Redacción Barbanza