O vilagarcían Pablo Barreiro e a coruñesa Alba Díaz, a piques de acadar o campionato de España da clase 420.

VILAGARCÍA> A falta dunha única xornada, o vilgarcián e a súa compañeira de barco Alba Díaz, lideran holgadamente a categoría MIXTA cunha diferencia de 59 puntos sobre os segundos clasificados, a tripulación formada polo canario Izan CODINACHS e a catalana Carla ROMAGO do Team Balís.

Dende a pasada semana, os membros da selección galega de 420 (vela lixeira), atópanse en Puerto Sherry – Cádiz para desputar o Campionato de España, que nesta edición conta con 60 barcos inscritos.

O vilagarcián Pablo Barreiro Cores, é membro do Real Clube Náutico de Sanxenxo, e este é o seu segundo ano na modalidade de 420. Ainda que neste momento Barreiro ten 16 anos, compite na categoría Sub19 coa coruñesa Alba Díaz Martínez de 18 anos de idade.   Alba e Pablo veñen de gañar recentemente a proba puntuable do campionato galego en Vigo e actualmente ocupan a segunda posición do ranking Galego.

Igualmente meritoria está sendo a actuación de Natalia DOMÍNGUEZ e Ines AMENEIRO, que a falta dunha soa xornada, teñen asegurado o terceiro posto na categoría sub19.  A selección galega espera acadar o campionato de españa na categoría mixta e consolidar os terceiros postos nas categorías femeninas sub19, e sub17 coa embarcación composta por Aitana PEREZ do Monte Real Club de Yates e Helena ALCARAZ do Real Club Náutico de Vigo.