Decenas de presoas recordan a veciña asasinada cun minuto de silencio

VALGA> Tralo pleno, as sinais de dor continuaron no exterior do concello. Corporación, representantes de entidades sociais e de concellos da contorna, e veciños participaron nun minuto de silencio en recordo da súa veciña asasinada.

Decenas de veciños de Valga acudiron este mediodía ao chamamento do concello. Ás portas da casa consistorial gardouse un emotivo minuto de silencio para despedir á veciña asasinada polo seu marido.

Representantes da Secretaría Xeral de Igualdade, da Fundación Amigos de Galicia e o alcalde de Pontecesures, Juan Manuel Vidal Seage e varios compañeiros do goberno cesureño, sumáronse a este recordo e acto de condena contra a violencia machista.

Despois, alumnos e profesores do instituto de Valga concentráronse no centro para condenar este asasinato e calquera forma de violencia sobre a muller.

Mañá está prevista a celebración de numerosas concentracións convocadas por colectivos feministas de toda a comarca e de Galicia. Entre elas, celebraranse na Praza de Galicia de Vilagarcía, na Praza da Naiciña en Cambados e día da Audiencia Provincial en Pontevedra ás 8 e media da tarde.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí