![]()
NOALLA> Consideran que o acceso a peóns é insuficiente. Din, debe ser o concello o que medie coa promotora desta urbanización.
{flowplayer}images/salnes/QUEIXAS_VECINOS_URBANIZACION_LANZADA.flv{/flowplayer}
O pasado mes de decembro achegáronlle o seu malestar ó concello de Sanxenxo para que mediase coa empresa promotora da urbanización Os Tilos para a apertura deste vial.
Daquela o edil de urbanismo aseguraba que a vía se ía abrir en pouco tempo. A pasada semana puideron comprobar que se permitía o acceso ós peóns pero non ós vehículos. Avances, si, pero que consideran insuficientes. Engadiron que no caso de que non abran a nova estrada, habiliten o camiño vello.
Ademais, trátase dun vial, segundo estes veciños, que non só lles da servizo a eles senón tamén ós hoteis da zona e ós turistas. E é que este tramo central da urbanización da acceso á praia de A Lanzada, conecta coa vía rápida e serve, ó mesmo tempo, de alivio á PO-308.
Consideran que debe ser o concello o que ten que mediar xa que, segundo a asociación de veciños, a promotora manifestoulles que non ten inconvenientes en abrila.
Finalmente sinalaron a necesidade de mellorala pista no tramo que continúa desde a urbanización ata a praia da Lanzada de xeito que se mellore a seguridade viaria do vial.
Redacción Salnés








